Friday 03 de May de 2024

O programa Educando na Biosfera bota a andar nos centros educativos do Concello de Sada


O programa Educando na Biosfera bota a andar nos centros educativos do Concello de Sada con varios talleres sobre os “Usos tradicionais das plantas: elaboración de xabón artesanal”.

A rapazada de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pedro Barrié de la Maza foi estes días a protagonista. Neles aprenderon a identificar as diferentes plantas que se poden atopar na nosa contorna e coñeceron algúns dos seus usos e propiedades.

Cada un puido elaborar xabón artesanal que personalizaron engadindo diferentes plantas e aromas.